Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian que a Biblioteca de Muxía leva moitos meses pechada

Biblioteca muxia
Denuncian que a Biblioteca de Muxía leva moitos meses pechada

15.000 libros no seu interior, pero sen acceso. Case un ano leva pechada a Biblioteca de Muxía. Un Biblioteca que estaba moi activa, con programas vivos como “Galería mulleres”, “Ler conta moito”, “Cun libro embaixo do brazo”, etc. Pero a inoperancia e o enfrontamento no seo do goberno municipal, fai que non haia ninguén que se ocupe dun servizo tan básico e necesario coma este.

De aí que o BNG pida que se abra con imediatez. "O desleixo do governo municipal coa cultura é tal que se desprazou o persoal responsale deste departamento de administración especial para incrementar a plantilla de administrativos, deixando sen servizo a biblioteca municipal". Isto conleva que os concertos coas bibliotecas dos centros de ensino, cos que se traballaba en rede para crear o grupo de bibliotecas municipales, deixou de funcionar e o estudantado do concello non pode utilizar os computadores e a
impresora que tiña á súa disposición.

"O feito de que a biblioteca permaneza pechada impide tamén que se poidan realizar as devolucións de exemplares e que as persoas que retiraron eses libros e, involuntariamente, non os poden devolver, aparezan como morosas na rede de bibliotecas da Xunta", explica.
Ademais, o feche da biblioteca impide que se poida acceder ás subvencións para a dotación de fondos.

Comentarios