A Deputación e Concellos como Vimianzo ou Muxía habilitan teléfonos de teleasistencia

21:28 26/03/20
Contigo Mellor é o servizo de Teleasistencia Domiliaria da Deputación da Coruña. Unha liña telefónica para prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza para dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano.
Ademais do pequeno dispositivo co que contan centros de maiores, a entidade provincial abre tamén o teléfono 900 533 027
Así mesmo, os Concellos de Vimianzo e Muxía abren liñas teléfonicas de atención psicolóxica á veciñanza, de balde e mantendo o anonimato:
- En Vimianzo o número 673 427 498. estará dispoñible as 24 horas do día.
- En Muxía, o número ao que a veciñanza pode chamar é o 618 895 265.