Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Doble sesión foral para debatir sobre o sector turístico da Costa da Morte

Doble sesión foral para debatir sobre o sector turístico da Costa da Morte

Estes martes 13 e mércores 14 de decembro, a Costa da Morte acolle dous Foros para reflexionar sobre o sector turístico. Foros importantes para repensar as oportunidades da nosa bisbarra en materia turística, e para que os nosos dirixentes tomen boa nota dos que chegan a compartir o seu saber, como acontencía nas Aulas Costa da Morte, que achegaron a Universidade á periferia.

A primeira sesión terá lugar esta mesma tarde de martes 13 de decembro en Muxía, cando a partir das 17:00h, o Salón do Voluntario en Muxía, acollerá o Foro sobre "O Parador de Muxía como elemento dinamizador e xerador de emprego na Costa da Morte".

II Foro Costa da Morte, Un mar de oportunidades

A segunda cita terá lugar o próximo mércores 14. en Vimianzo Ás 10:00 da mañá dará comezo o "II Foro Costa da Morte, Un mar de oportunidades". O programa deste foro inclúe tres mesas moi interesantes:

  • Turismo na Costa da Morte: Presente e futuro. A partid das 10:15h.
  • O sector pesqueiro na Costa da Morte. A partir das 12:15h.
  • Liñas de apoio a empresas (GAC3, GDR26, Afiprodel, Bic Galicia). A partir das 13:15h.

Na primeira das mesas, APTCM participa como convidada xunto coa Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación e a asociación Neria. Será unha boa ocasión para aunar esforzos pensando na creación do Consorcio de Turismo da Costa da Morte, ese ente único que nos permitirá tratar cara a cara ás administracións superiores.

A inscrición neste foro pode facerse no teléfono 981 74 77 18 ou no correo [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios