Martes. 01.12.2020
El tiempo

Un segundo Obradoiro de Emprego para Camariñas, Muxía e Vimianzo

De esquerda a dereita Anabel piñeiro, Sandra Insua, María Jiménez, Iago Toba, Mónica Rodríguez e Rosa Sánchez
De esquerda a dereita Anabel piñeiro, Sandra Insua, María Jiménez, Iago Toba, Mónica Rodríguez e Rosa Sánchez
Un segundo Obradoiro de Emprego para Camariñas, Muxía e Vimianzo

Mentres 16 [email protected] de Camariñas, Muxía e Vimianzo están desenvolvendo o Obradoiro de Emprego, nas especialidades de ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’. os responsables municipais veñen de conseguir unha nova acción formativa.

Neste caso, o promotor e a sede será Muxía, contará con 20 [email protected]@s e desenvolveranse en dúas especialidades, a destacar ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’. 

Dará comezo no mes de decembro e terá unha duración de 9 meses.

A formación recibida vai dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade, neste caso trátase dun certificado de nivel 1 coa especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e un certificado de nivel 3 coa especialidade de promoción turística e información ao visitante. 

Os tres reedores agradeceron o "inconmensurable traballo" das AEDL de Vimianzo, Rosa Sánchez; de Camariñas, María Jiménez e de Muxía, Anabel Piñeiro,

comentarios