Un faladoiro cultural abre as actividades do Festival Comarea
Trala celebración dos primeiros obradoiros musicais na Biblioteca de Muxía, o renacido Festival Comarea acende motores este xoves 5 de decembro cun Faladoiro cultural.
A Biblioteca Municipal acollerá a partir das 19:30h unha conversa como como se leva tratando o mundo da cultura na nosa comarca, cales son os retos actuais, e sobre todo, como é convivencia entre a administración pública e os impulsores privados.
Para iso, e nunha mesa moderada por Ubaldo Cerqueiro (QPC), as voces serán Viki Rivadulla, a técnica de Cultura do Concello de Muxía; Nieves Lema, técnica de Cultura do Concello de Vimianzo, e Xosé María Varela, alma promotora da Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco do Couto.
Ao remate, a comitiva trasladarase ao Bar O Porto para ver un concerto de Sofía Espiñeira e Bonita & Sabrosa, como preludio ao que pasará durante os venres, sábado e domingo.