sábado. 07.12.2024
El tiempo

O renacido Festival Comarea xa ten programa

Festival Comarea 2024Muxia
O renacido Festival Comarea xa ten programa

Con ilusión e alegría vemos como a rapazada de Muxía rescata o Festival Comarea. A mocidade muxiá arredor do colectivo Horta Creativa, reaparece cun novo formato e concepto, apostando pola diversidade musical e os xéneros diversos (rock, folk, electrónica, músicas do mundo, RnB…) para ampliar o público obxectivo.

O festival muxián, que se desenvolverá entre o 3 e o 8 de decembro, trae ademais unha serie de actividades (a desenvolver na Biblioteca Municipal ou en bares) que completarán a programación principal, que se desenvolverá no novo epicentro cultural da comarca fisterrá: o camping Lago Mar.

Haberá talleres, limpezas, faladoiros culturais, e música a todas horas, destacando algunhas actuacións que se fan por primeira vez en Galicia como as de Guts, Mustard e Macadam Crocodile.

Programa

Porgrama Festival Comarea Muxia 2024

Elenco

Catuxa Salom: artista galega con raíces arxentinas. Unha das grandes expoñentes na folktrónica nacional , caracterízase pola súa fusión de ritmos indíxenas arxentinos e folklore galego baixo un envoltorio electrónico. 

Guts: baixo o pseudónimo de Guts, encóntrase o francés Fabrice Henri, productor e dj que acumula miles de millóns de reproducións nas súas cancións. Actualmente con casi 2 millóns de ointes mensuais na plataforma Spotify. As súas sesións caracterízanse polos ritmos funkies, afro, house e disco. Primeira vez en Galicia.

Omiri: é un dos proxectos máis orixinais da nova música portuguesa. Omiri é un mix de música tradicional portuguesa xa esquecida xunto con ritmos electrónicos do século XXI.

Mustard: Procedentes de Brighton pero con residencia en Madrid, definir o estilo de Mustard nun par de frases é realmente complicado. Mustard é unha mistura de ritmos latinos, electrónica minimalista e folk psicodélico. Primeira vez en Galicia.

Chicharrón: é un proxecto en constante transformación, leva activo dende o 2013 e nos seus 6 LPs deixaron un dos legados máis cautivadores da escena underground galega da última decada. A banda carballesa conta coa veciña Rosalía Fdez. Rial como nova incorporación ao acordeón.

Macadam Crocodile: Xavier Polycarpe e Vincent Brulin levan moito tempo recorrendo escenarios nacionais e internacionais, anos de acumular experiencia.O  seu directo é a necesidade de facer bailar á xente sin unha estratexia previa, de tocar simplemente, de levar ao directo esa locura que se convertiu na súa seña de identidade, cunha jam de new-disco repleta de sintetizadores e baterías afro-funk.

Zars B é productor e dj de techno, house e todas as súas variantes. Zars B é un amigo da casa que será o encargado de facernos bailar ata que digamos basta!

Sonido Tupinamba: curadora musical e Dj nacida na cordillera dos Andes e afincada en Barcelona. Incansable investigadora de ritmos africanos e latinoamericanos, fundou o club de baile Poly-Rhytmo Club en 2017, polos que xa pasaron artistas de gran renome internacional. Tupi xa actuou nunha chea de grandes festivais como: Glastonbury, Womad, Primavera Sound ou Estéreo Picnic. 

Toccororo: galega de raíces cubanas e xuntándose co seu círculo artístico da comunidade LGTBIQ+, o resultado non podía ser outro que unha potentísima mezcla de influencias: detrás das súas raíces caribeñas, atopamos unha onda electrónica que nos leva polo vogue, jersey club, o tribal guaracha, hardstyle, o drummerio, moito sudor e moito club. Solo fai falta ver un dos seus shows para ver a actitude, enerxía e o poderío que desprende. Por todo esto –ademáis do seu indudable talento– é unha das caras máis solicitadas da actualidade. 

Family Folks: o estilo desta banda galega podemos resumila en poucas palabras. Son os inventores do psychedelic cosmic folk rock. 

Pulpiño Viascón:  é un polifacético artista que formou parte de Os Diplomáticos de Monte Alto, o Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek, Escupe Escapa. Ademáis, colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane. Despois do seu éxito en grupos previos, trae ahora o seu espectáculo de HomeOrquesta como Pulpiño Viascón.

Pamela Rodríguez Dj Set: artista peruana que actualmente reside en Galicia e que xa foi nominada a 2 Latin Grammy. Pamela volve a Muxía para ofrecernos unha pequena mostra de toda a música que coñece e facernos bailar cun dj set que será súper bailongo.

Bonita & Sabrosa: Alexandra e Noelia conforman este dúo de djs que nos farán gozar cos mellores sonidos funk, disco e house. 

Sofía Espiñeira canta e compón dende a raíz. Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar galega, as súas composicións combinan o latexo das músicas do mundo xunto coa canción de autora máis íntima e espida.

Rapariga Dj: a incursión no mundo da música realizouna durante a súa época de estudiante de Belas Artes. Dende entonces, continuou a súa carreira enfocándose no soul, rock, punk, disco e electro. Durante a súa traxectoria, pinchou en diferentes salas e eventos de distintos puntos de Galicia, especialmente en ciudades como Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo u Ourense. 

Maikel Pérez Dj Set: comeza a súa afección como picadiscos en 2006 en locais de referencia de música alternativa da comarca de Bergantiños. As sesións do noso picadiscos de referencia coa súa sección en QPC SoandoconForza, lévannos por unha viaxe dende a música independente ata a electrónica. 

Actividades completementarias

3 e 4 de decembro ás 19:30: Percusión Doméstica na Biblioteca Municipal. Para enseñar a crear ritmos con cousas que teñamos na casa como potas, mesas, tenedores, etc. Inscripción necesaria

5 de decembro ás 19:30: Faladoiro Cultural na Biblioteca Municipal. Faladoiro moderado por Ubaldo Cerqueiro, coordinador de QPC, no que se abordará a relación da Costa da Morte coa cultura no pasado, como se traballa a cultura actualmente e cales son os retos do futuro.

  • Viki Rivadulla - Artista multidisciplinar de Muxía
  • Xose María Varela - Fundación Eduardo Pondal da aldea do Couto
  • Nieves Lema - Técnica de cultura do Concello de Vimianzo.

 

6 de decembro ás 10:00 na plaia do Lago: 

Limpeza da plaia do Lago e posteriormente taller creativo con lixo mariño, en colaboración coa Asociación Mar de Fábula. Inscripción necesaria.

Máis novas

Comentarios