domingo. 25.05.2025
El tiempo

Falecido tras un accidente de moto acuática en Muxía

markup_1000188089
Imaxe do dispositivo no porto muxián
Falecido tras un accidente de moto acuática en Muxía

Unha persoa perdeu a vida este domingo 25 de maio tras sufrir un accidente nunha moto de auga. Trátase dun home da propia vila da barca, patrón dunha embarcación de pesca duns 45 anos.

A alarma chegaba ao 112 arredor das 17:30 cando unhas persoas alertaban de que un corpo estaba aboiando ao carón dunha moto de auga entre a rampa do peirao e unha cetárea.

Unha lancha particular acodía ao rescate e recollía o corpo, que estaba en estado de parada cardiorrespiratoria. Unha vez en terra, o axente da Policía Local, voluntarios de Protección Civil e da Garda Civil ntentaron reanimalo, mesmo co desfibrilador, sen éxito.

A.ambulancia do 061 e o helicópteros de Salvamento chegou media hora despois, completando o dispositivo de emerxencia.

Comentarios