sábado. 11.10.2025
El tiempo

Fisterra e Muxía acollen a rodaxe do filme italiano "Buen Camino"

Foto da rodaxe de Buen Camino en Muxia
Fisterra e Muxía acollen a rodaxe do filme italiano "Buen Camino"

Fai pouco a comarca acollía a rodaxe do filme sobre Castelao “Antes de Nós”. Estes días, Fisterra e Muxía volven converterse en escenario de película coa rodaxe de “Buen Camino”.

Un equipo de máis de 120 persoas estivo un par de días na vila do Cristo e hoxe xoves estiveron rodando no Coído, en Muxía

Trátase dunha comedia italiana, dirixida por Gennaro Nunziante e protagonizado por Checco Zalone, un actor moi famoso no país transalpino, que conta a historia dun rico herdeiro que se ve obrigado a saír da súa zona de confort para buscar á súa desaparecida filla adolescente desaparecida. Así acaba tendo que facer, a disgusto, o Camiño de Santiago.

Tras pasar por media penínsulta, e facer xornadas de rodaxe no Cebreiro, Portomarín, Triacastela e Santiago, tes días, rodan na nosa comarca a fin do Camiño.

Máis novas

Comentarios