A Garda Civil detecta un menor conducindo sen carnet tras sufrir un accidente en Frixe
O pasado xoves 4 as 20:00 horas, tiña lugar un accidente (unha colisión frontal entre dous turismos) na estrada que une Frixe e Castro de Frixe, en Muxía. Afortunadamente non houbo feridos (nun dos vehículos ía unha familia que levaba ben postos os sistemas de retención infantil e os cinturóns de seguridade). A Patrulla da Garda Civil de Corcubión acodía ao lugar, e comprobaba que o condutor do outoro vehículo era un menor de 17 anos de idade, que aproveitou que os seus pais estaban traballando para coller o coche e saír á estrada, a pesar de non ter ningún tipo de licenza.
A nai, que se fixo cargo do menor, recoñecía que descoñecía os feitos. A lei establece que serán os pais, de forma solidaria co fillo, os que respondan polos danos e perxuizos causados polos delitos cometidos por aqueles.