Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X

Gonzalo Caballero cos alcaldesas socialistas da Costa da Morte no Parador de Muxia
Gonzalo Caballero cos alcaldes e alcaldesas as socialistas da Costa da Morte no Parador de Muxía
Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X

A visita de Gonzalo Caballero ao Parador de Muxía serviu para abrir a campaña na Costa da Morte de cara ás Eleccións Autonómicas do vindeiro 12 de xullo. Unha cita para lamentar ”o desleixo do goberno galego cunha comarca que padece dos déficits sanitarios e educativos impostos polos recortes do goberno do PP, así como graves déficits de infraestruturas, incluíndo a autovía a medio facer”.

Ante esta situación Formoso comprometeuse cos 8 alcaldes e alcadesas socialistas da comarca a “cumprir cunha comarca de referencia esquecida durante 11 anos de goberno de Feijoo”.

Se ben non concretaron medidas, Formoso quixo lembrar o éxito socialista nas pasadas eleccións municipais como “a antesala do poder socialista en Galicia que quere marcar unha etapa de progreso na Xunta”. Recordou que “hoxe están encabezadas por homes e mulleres socialistas 3 das 4 deputacións, 5 das 7 grandes cidades e máis de 100 concellos”.

Comitiva do PSOE comarcal con Gonzalo Caballerono Parador de Muxia

Novas relacionadas

Comentarios