Investigado por estafar a un veciño de Muxía na venda dun vehículo por internet
Unha denuncia dun veciño no Posto da Garda Civil de Muxía provocou que o Equipo Roca da Compañía de Carballo con base en Vimianzo e o Posto da Garda Civil de Vimianzo comezase unha investigación para esclareceder un novo caso de estafa na venda por internet.
O denunciante sinalaba que adquirira un vehículo provinte de Alemaña, facendo un primeiro pagdo de 15.700€. En 30 días debería recibir o vehículo e unha vez entregado faría o resto do pago. Pero pasaban os días e o coche non chegaba, polo que a vítima púxose en contacto co vendedor, que empezou con escusas de que pronto se ía a solucionar o problema.
O Equipo Roca descubriu que o vehículo se atopaba a venda nunha web alemana pero nunca fora adquirido polo investigado senón por unha empresa portuguesa. O investigado só ofrecera unha captura de pantalla cunha suposta transferencia, pero ese diñeiro nunca chegou á conta bancaria da empresa alemá, sendo transferido directamente a unha conta particular do vendedor, mentres unha parte foi retirada en efectivo en distintas oficinas bancarias.
Unha vez identificado plenamente o autor do ilícito ao que lle constan antecedentes por feitos similares a Garda Civil procedeu á súa investigación remitindo as dilixencias ao Xulgado de Instrución nº1 de Corcubión.