Luns. 29.04.2024
El tiempo

Javier Sar ilusiona a vida política muxiá

Candidatura de Javier Sar Muxia
Candidatura de Independientes por Muxía-Foto: Xesús Búa
Javier Sar ilusiona a vida política muxiá

Ilusión e normalidade. Así se define a creación do novo partido Independientes por Muxía. O grupo presentouse este sábado nun acto nun Salón do voluntariado ateigado de público. O candidato á alcaldía, Javier Sar, compartiu protagonismo cos restantes dez candidatos entre os que destaca a grande diversidade de perfís.
Integran a lista, a directora dun centro educativo, como Aurelia Picallom, empresarios do sector primario e do mar, autónomos, representantes do sector turístico domo Suso Lema e de asociacións xuvenís, entre outros. Xunto a esta transversalidade, o líder da formación enfatizou a orixinalidade da proposta e lembrou que ningún dos aspirantes a concelleiro ten pasado político.

Sar non esqueceu o valor á súa experiencia como xestor pola súa condición de Patrón Maior de Muxía entre os anos 2001 e 2009, coincidindo coa grave crise do Prestige.

O principal obxectivo é “normalizar a vida política municipal”, terriblemente crispada dende que Iago Toba alcanzou a alcaldía. Sar afondou na “busca de diálogo e consenso para rematar coa crispación política, a división, a polarización e o ruído”. Javier Sar reclamou “unidade e firmeza na defensa dos intereses de Muxía para afrontar os retos do futuro con impulso e ilusión”. O cabeza de lista, prometeu “un goberno de portas abertas, sen exclusións nin favoritismos e unha xestión económica transparente porque o Concello é das veciñas e dos veciños”. Independentes por Muxía, “quere aportar serenidade, humildade, moderación e traballo para normalizar a vida pública do concello”, dixo Sar.

Javier Sar anunciou que nas vindeiras semanas manterá encontros sectoriais nas distintas parroquias de Muxía para detectar necesidades, problemas e propostas que formarán parte do programa electoral da nova formación.

Comentarios