Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Laion, do narcotráfico, a espazo de lecer para persoas con diversidade funcional

Un dos primeiros grupos en participar no veleiro de COGAMI
Un dos primeiros grupos en participar no veleiro de COGAMI
O Laion, do narcotráfico, a espazo de lecer para persoas con diversidade funcional

A historia do Laion é curiosa. Este navío foi incautado en 2002 a ao narcotráfico pola Audiencia Nacional. E a día de hoxe permite que persoas con discapacidade poidan vivir en primeira persoa a navegación a vela neste buque adaptado.

A Adisbismur - Asociación de Personas con Discapacidade da Bisbarra de Muros, pertencente á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), pode usar esta xoia no marco do proxecto denominado GAVEA (Galicia Vela Adaptada), que permite unha actividade para moitas persoas seríalles imposible participar da experiencia de navegar. A súa accesibilidade fai que todo o mundo poida facer vela, incluso persoas con mobilidade reducida.

Este ano, no marco do Plan Corresponsables, que se centrará no desenvolvemento das persoas mozas con discapacidade como ferramenta de apoio á mellora das súas capacidades e habilidades, e tamén colabora o programa Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, o Laion está realizan do varias saídas cada quince días neste mes de setembro, dende o porto deportivo de Muxía, lugar de atraque do veleiro.

Coa axuda de Noemí Castro, de Cataventos Escola de Vela, as travesías simulan o traxecto Muxía Fisterra, a última etapa do camiño de Santiago, que non é accesible por terra para persoas con discapacidade. A idea é que as persoas vivan a experiencia da peregrinación por mar como xa ocorría dende o século XII. Durante quince días serán un total de 84 persoas as que van poder participar nesta experiencia de vela adaptada, todas elas usuarias de entidades como Asdifica, Disvalia, Alcer Coruña, Acem Coruña, Avante, Aixiña, Íntegro, Adisbismur, do centro de recursos de Medelo e dende o Proxecto Innovador que COGAMI está a levar a cabo nas instalacións do CEGADI en Santiago. Polo tanto, ata o porto de deportivo de Muxía embarcarán persoas que chegan dende os concellos de O Carballiño, O Barco de Valdeorras, A Coruña, Val do Dubra, Ourense, Cabana de Bergantiños, Muros, Silleda e Santiago.

Comentarios