Luns. 24.01.2022
El tiempo

Liberan en Muxía á conductora atrapada polo seu coche despois de volcar

Liberan en Muxía á conductora atrapada polo seu coche despois de volcar
Os Bombeiros de Cee excarceron esta tarde á conductora (unha moza de nacionalidade suiza duns 35 anos) dunha Wolskvagen camperizada que quedou atrapada polas pernas no interior do vehículo despois de que éste envorcase. O sinistro tivo lugar na rúa Leis - na parroquia muxiana de Leis de Nemancos - ao redor das 17:45 horas, baixando cara a praia de Leis, ao carón do camping.

Dende o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Cee, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. As tarefas de excarceración desenvltas polos Bombeiros foron laboriosas e levaron moito tempo. Finalmente a vítima, só presentaba feridas leves pese ao aparatoso do atrapamento.

A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2017

Fonte

comentarios