mércores. 04.12.2024
El tiempo

Luar na Lubre volve espallar o nome de Muxía e da Costa da Morte

Luar na Lubre volve espallar o nome de Muxía e da Costa da Morte

Que fermosa sae a Costa da Morte, que fermosa sae Muxía neste novo vídeo de Luar na Lubre, esa banda que alá por onde vai leva o nome da Costa da Morte como parte do seu ser. A banda galega é a mellor embaixadora da nosa terra polo mundo.

E así o demostrou con este vídeo, gravado o pasado 30 de abril na terrazas do Albergue Bela Muxía situado na vila de Muxía. O grupo xunto co público, foron os protagonistas da gravación de Contraproducións, coa colaboración de Rubén Prieto (dron), dando lugar ao novo videoclip da banda, que presenta á súa nova violinista, Antía Ameixeiras.

The Sailor's Hornpipe/Pasacorredoiras é o título das tres melodías que compoñen este tema, sendo a primeira delas 'The Sailor's Hornpipe', unha antiga e popular danza mariñeira orixinaria das illas británicas e que xunto cas dúas melodías que a seguen, Pasacorredoiras de Poio (Pontevedra) e de Vilalba (Lugo), extraídas do prestixioso cancioneiro galego de Castro Sampredro e Folgar, combinan unha frenética danza que invita ao movemento e á festa.

 

30 anos de Luar Na Lubre

Neste 2016 Luar Na Lubre está a celebrar por todo o alto que cumpren 30 anos de existencia, cunha xira por toda a Península presentando o seu último álbum, ‘Extra Mundi’. Trátase dun traballo con 14 temas no que hai versións de cancións tradicionais doutros países ademais de creacións propias e adaptacións de temas galegos.

Entrevistas con Luar na Lubre

Máis información

Luar na Lubre na Costa da Morte

Fonte

Comentarios