Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O mal tempo fai do porto de Muxía unha parada de renome dos circuitos de vela

Porto deportivo de Muxia
Alta ocupación estes días no porto deportivo muxián
O mal tempo fai do porto de Muxía unha parada de renome dos circuitos de vela

Ás veces o mal tempo provoca boas novas para a nosa costa. No Porto deportivo de Muxía parece que acontece así estes días. Xa recibiron a semana pasada a visita dos peregrinos do mar participantes na IX Travesía O Camiño a Vela, e esta semana volve estar o porto deportivo muxián cheo. 

O Rally Pornic Bayona tiña previsto unha doble escala en Muxía. A potente proba de vela saía de Pornic (case que na Bretaña francesa) cara Muxía o pasado día 3. Chegaban o día 7 a Muxía e estaba previsto que fosen ata Baiona, e volvesen parar en Muxía antes de volver a Pornic. 

Pero o mal tempo obrígalle á expedición, formada por 15 embarcacións, a suspender a etapa ata Baiona, polo que fican estes días no porto muxián, gozando das marabillas e a gastronomía da Costa da Morte, e mesmo preparando unha viaxe a Santiago en Autobús.

”Con este cambio, Muxía ten a oportunidade no mapa deste tipo de actividade”, valoran dende o porto deportivo muxián, que agardan que a comarca se envorque en atencións con este tipo de visitante.

Así, o porto deportivo muxián está estes días o 60% de ocupación de prazas totais, e a un 85% das prazas grandes, tendo en conta que tamén hai 4 embarcacións fondeadas no areal.

Máis novas

Comentarios