Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Manuel Vilar, novo Director do Museo do Pobo Galego

Manuel Vilar boa
O colaborador de QPC Manuel Vilar é novo Director do Museo do Pobo Galego
Manuel Vilar, novo Director do Museo do Pobo Galego

Esta mañá tiña lugar a asemblea do padroado do Museo do Pobo Galego. Unha cita con diversa participación costeira como a presencia de Xosé María Lema Suárez. Os membros do Padroado veñen de decidir, por unanimidade, ao novo director, que non é outro que o antropólogo muxián Manuel Vilar Álvarez, tamén directivo do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e colaborador de QPC.

Licenciado en Xeografía e Historia e máster en Xestión de Patrimonio Cultural, Manolo Vilar leva anos colaborando co MPG e comisariando algunhas das súas exposicións. Xuntos publicamos “Os faros da Costa da Morte (Galicia)” (Asoc. Neria 2001), libro pioneiro na Ruta dos Faros. Co patrocinicio do Seminario de Estudos da Costa da Morte publicou “Romarías da Costa da Morte” (2011, con Xan Fernández Carrera), “Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte. II. Comarca de Fisterra e concellos de Mazaricos e Carnota” (2015) e dirixiu os documentais “Faros da Costa da Morte” (2010), “As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte” (2011) e “A romaría da Barca” (2012). Estes documentais pódense descargar libremente no web do Semescom (www.semescom.gal).

Acaba tamén de publicar "O camiño de Santiago a Muxía por Brandomil" (Alvarellos 2019). 

ABERTURAS. MEMORIAS E PAISAXES de Manuel Vilar en QPC

 

Comentarios