Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Mar na Escola botou o peche a outra edición de achegando ao mundo mariño a través da vela

O mar na Escola 2023
O Mar na Escola botou o peche a outra edición de achegando ao mundo mariño a través da vela

Este xoves celebrouse no Salón do Voluntariado de Muxía a gala de clausura da XVIII edición do programa "O Mar Na Escola 2023, Xogando Co Vento”. Un programa que achegou a realidade do mar a 280 alumnos, aprendendo a navegar como se doutra materia escolar se tratase.

A Escola de Vela Cataventos celebrou un acto mo que agradeceu a colaboración Concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía, Carnota, ademais da Secretaría Xeral para o Deporte, a Real Federación Galega de Vela, o Club Marítimo Carrumeiro, o Club Náutico Fisterra e, sobre todo, á empresa Stolt Sea Farm - Prodemar como principal patrocinador, “por crer neste proxecto e embarcarse un ano máis con nós”, como sinalou a coordinadora do programa, Noemí Bermúdez de Castro Elorza.

Nesta edición participaron alumnado do CPR Manuela Rial e CEIP Vila de Cee (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta, CPR Na Sa del Carmen (Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muiños, IES Ramón Camaño (Muxía); CEIP do Pindo, CEIP de Canota (Carnota).

Elorza agradeceu tamén “aos centros educativos, polo esforzo de adaptar a súa programación para integrar esta actividade, que seguro que enriquecerá a todo o alumnado e lles dará unha visión diferente do medio mariño co que viven cada día. É un programa xa consolidado, pero o noso compromiso é seguir avanzando e ampliando cada ano o número de sesións e nenos; contando sempre, como non podía ser doutro xeito, co apoio de todos os presentes neste acto”.

O Mar na Escola debuxo

No acto de entrega fíxose entrega do premio á gañadora do "V Concurso de debuxo da Granxa do Mar Stolt”. Fátima Santos García, alumna do C.E.I.P. Vilarmide de 6º E.P da Muxía (estivo arroupada por vari@s compañeir@s) leva un lenzo do seu debuxo gañador, un kit de merchandising e unha visita ás instalacións da Granxa do Mar Stolt en Vilán.

Comentarios