![comision-praga-pataca]()
Onte reuniuse en Compostela a comisión de seguimento da praga da pataca
A comisión de seguimento da
couza guatemalteca da pataca - liderada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo - reuniuse onte en Santiago despois de que Muxía se sumase á lista de concellos infestados por esta praga. Na xuntanza constatron que tras a revisión dun 300 almacéns de particulares na zona de Muxía e nos lugares declarados como tampón "non se localizou ningún positvo de couza".
Era precisamente o que querían oír os centos de pequenos productores da Costa da Morte e que agardan agora a que deixe de chover para non retrasar máis o sembrado do tubérculo.
"O reforzo deste labor de inspección decretouse como medida complementaria á recollida de pataca nestas áreas, así como a outras accións relacionadas coa información e divulgación aos interesados", sinalan desde a Xunta. A esto hai que sumarlle as
charlas informativas organizadas (e pagadas) en concellos como Muxía, Dumbría ou Vimianzo, entre outros.
Novas da couza da pataca
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).