Venres. 19.04.2024
El tiempo

Merexo prepara unha festa interxeracional arredor da empanada de rodaballo

Curso de debuxo rodaballo
Merexo prepara unha festa interxeracional arredor da empanada de rodaballo

Este sábado 1 de abril, a Escola Veciñal de Merexo acolle un evento ben singular. A Asociación de Veciños Monte da Urxeria, en colaboración con Stolt Sea Farm, prepara o 1º Certame de Empanada de Rodaballo. Xa hai, de feito, 20 participantes inscritos para amosar as súas artes culinarias facendo empanada de Rodaballo con cebola de Merexo.

A idea xurdiu nunha reunión da Asociación de Veciños Monte da Urxeira, e que se trasladou a empresa Prodemar ós cales lles pareceu unha fantástica idea, e que se animaron a colaborar con nós no que nos fixese falla, xa que se trata de facer un certame cultural e gastronómico para a xente maior de Merexo.

Se os maiores fan as empanadas, a cativada do cole dos Muíños fixeron o deseño do cartel, e poderán disfrutar da participación da escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que traerá os seus fermosos contos da comarca. Completará a mañá (arrinca ás 11:00h) a actuación do grupo musical Revoltixo que nos amenizará cun pouco de música galega.

Comentarios