Martes. 16.07.2024
El tiempo

O CPI de A Picota e o IES Agra de Raíces, gañadores dos Premios “Falemos + galego”

Logo e lema 3 Falemos Mais galego-IES Agra de Raíces
O IES Agra de Raíces fixo o lema escollido
O CPI de A Picota e o IES Agra de Raíces, gañadores dos Premios “Falemos + galego”

No marco da campaña “Falemos + galego”, desenvolta por 13 centros de ensino da Costa da Morte, escolléronse o lema e o logo da campaña, ademais do vídeo máis representativo.

Foi na divertidada Gala celebrada esta mañá en Cee, onde se deron a coñecer os gañadores do certame. O xurado, formado por representantes de diversos medios de comunicación (QPC, Radio Nordés, Nós Diario, La Voz, El Correo Gallego) escolleron os seguintes:

  • O mellor logo e lema, que resultou o elaborado polo IES Agra de Raíces (Cee): “Con seseo e con gehada, falar galego é unha pasada”.
  • O mellor vídeo, feito polo alumnado do CPI de A Picota (Mazaricos), cun rap espectacular do “Falamos galego”.

Participaban 14 centros de ensino secundario da Costa da Morte, que previamente seleccionaron os traballos nos seus institutos, todos eles elaborados polo alumnado. A impresión e comentarios das persoas asistentes foi de loubanza por esta campaña e esta Gala que pretende promover o uso do galego, co orgullo de vivir nun territorio onde o galego é o idioma que máis se fala. Os centros organizadores, satisfeitos con esta primeira edición, confían en sumar máis participantes para o vindeiro curso.

Só compre darlle os meirandes parabéns aos 13 centros implicados nesta campaña:

  • IES Lamas de Castelo (Carnota),
  • CPI Plurilingüe A Picota (Mazaricos),
  • IES Fernando Blanco (Cee),
  • IES Agra de Raíces (Cee),
  • IES Fin do Camiño (Fisterra),
  • CPR Nosa Sra. do Carme (Fisterra),
  • IES Ramón Caamaño (Muxía),
  • IES Terra de Soneira (Vimianzo),
  • IES Pedra da Aguia (A Ponte do Porto – Camariñas),
  • IES Maximino Romero Lema (Baio-Zas),
  • CPI de Zas,
  • CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe) e
  • IES Eduardo Pondal (Ponteceso)

MÁIS NOVAS

Comentarios