xoves. 11.09.2025
El tiempo

Muxía acolleu a estrea do documental "Camiño Xacobeo Santiago - Muxía por Brandomil"

Manuel Vilar, presentando o acto en Muxía.
Manuel Vilar, presentando o acto en Muxía.
Muxía acolleu a estrea do documental "Camiño Xacobeo Santiago - Muxía por Brandomil"

O salón do Voluntariado de Muxía acolleu o pasado luns 8 de setembro, a estrea do documental "Camiño Xacobeo Santiago - Muxía por Brandomil", unha produción promovida pola Fundación Brandomil e dirixida por Manuel Rial. A presentación correu a cargo do antropólogo, escritor e divulgador muxián Manuel Vilar, recoñecido especialista en Camiños.

A obra audiovisual ten como obxectivo poñer en valor unha antiga vía de peregrinación que une Santiago coa vila mariñeira de Muxía atravesando a ponte de Brandomil, no concello de Zas. O filme recolle as voces de representantes municipais, estudosos do patrimonio, membros do clero e
expertos en arqueoloxía, que avalan a relevancia histórica e espiritual deste itinerario.

A proxección constitúe un novo paso na recuperación e difusión desta ruta, xa recoñecida pola Catedral de Santiago como válida para a obtención da Compostela. Ese recoñecemento foi posible grazas ao traballo de documentación e investigación desenvolvido pola Fundación Brandomil, en
colaboración con especialistas.

O acto, aberto ao público, converteuse nun espazo de encontro para persoas interesadas na tradición das peregrinacións, no patrimonio inmaterial galego e na proxección cultural do rural

Comentarios