venres. 06.12.2024
El tiempo

Muxía conmemora o día da biblioteca cun documental e cunha charla de Concha Blanco

Muxía conmemora o día da biblioteca cun documental e cunha charla de Concha Blanco
documental-muxia O vindeiro sábado, 24 de outubro, o salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle a proxección do documental "Outro paralelo 43. De Fisterra a Vladivostok" de Roberto Moñino e Álvaro de Castro. Neste interesante documental, amósase o camiño que transita dende Fisterra ata o punto máis oriental do continente asiático. Os realizadores - profesionais do audiovisual- tomaron o tren de maior percorrido do mundo para ensinar as marabillas que o camiño lles foi mostrando. Dende Moscú a Vladivostok, pasando por territorio mongol, a transformación tanto social como paisaxística debuxa un mosaico difícil de acadar en calquera outra viaxe imaxinabel. A proxección comeza ás 21 horas. Cita con Concha Blanco Un pouco antes, ás 19:30 horas, a escritora ceense, Concha Blanco, ofrecerá unha charla sobre "Muller-Educación. Binomio fantástico". A charla e a proxección do documental son as dúas actividades que ten programadas a biblioteca municipal de Muxía co fin de conmemorar o "Día da Biblioteca". Fonte

Comentarios