Muxía, escenario do novo videoclip de Luar Na Lubre


Así o presentaba esta mañá Bieito Romero na vila da Barca. O líder da banda máis internacional de Galicia ofrecía unha rolda de prensa na que anunciou que a banda folh coruñesa gravará a finais de abril o seu próximo videoclip nesta localidade da Costa da Morte.
O vídeo gravarase con varias cámaras e un dron en varias localizacións desta vila, entre elas o entorno d’A Barca e o albergue Bela Muxía.
Este video-clip poñerá imaxes ao tema ‘The Sailor Hornpipe/Pasacorredoiras’ do último disco do grupo, ‘Extra Mundi’, que foi publicado por Warner Music a finais do ano pasado. É un tema tradicional de orixe británica e carácter mariñeiro que acompaña neste traballo mundial á canción que leva o nome de ”Fisterra”, que poden escoitar aquí:
Mini-concerto aberto ao público
As imaxes serán gravadas o día 30 de abril se as condicións meteorolóxicas o permiten. Para iso Luar na Lubre ofrecerá un mini-concerto acústico no albergue Bela Muxía, que será gravado e que está aberto á participación do público. Quen queira participar (e aparecer así no videoclip) terá a oportunidade de facelo participando nun sorteo a través das redes sociais do grupo.
Teredes que estar atentos ao Facebook Oficial de Luar na Lubre.
30 anos de Luar Na Lubre
Neste 2016 Luar Na Lubre está a celebrar por todo o alto que cumpren 30 anos de existencia, cunha xira por toda a Península presentando o seu último álbum, ‘Extra Mundi’. Trátase dun traballo con 14 temas no que hai versións de cancións tradicionais doutros países ademais de creacións propias e adaptacións de temas galegos.
Entrevistas con Luar na Lubre
- Bieto Romero de Luar na Lubre: “Fisterra pretende ser o himno dos mariñeiros”.
- Luar na Lubre: “A música tradicional é a nai de todas as músicas”.
- Luar na Lubre (II): “A Costa da Morte é unha paixón”.
Máis información
Luar na Lubre na Costa da Morte
- Luar na Lubre estrea a súa Torre de Breogán.
- Unha viaxe Sinfónica con Luar na Lubre pola Galicia gaélica.
- Luar na Lubre rubrica o seu compromiso co Monte Pindo doando parte da recadación dun concerto.
- Luar na Lubre pide a declaración do Monte Pindo como Parque Natural na presentación da súa nova voz.
- O nome do Monte Pindo podería vir da lingua gaélica afondando nas súas raíces celtas.
- Unha nova e impresionante voz para Luar na Lubre.
- Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).