Muxía prepara un Outono cheo de teatro, mostras e fotografía

09:02 04/10/12

Xa está listo o Programa do Outono Cultural do Concello de Muxía. Así, durante os meses de outubro e novembro poderás disfrutar en Muxía de: Mostras, teatro, Maratón fotográfico Ramón Caamaño, Magosto.
De feito, unha das apostas máis interesantes será o III Maratón de Fotografía Ramón Caamaño, que tras 2 anos de boa participación, este curso quere asentarse como unha referencia. Ao longo de este mes de outubro farase pública a convocatoria de este premio, na páxina web do Concello de Muxía (www.concellomuxia.com) e na prensa, e está pensada que a data para a entrega de premiso sería o 1 de decembro.
Outono Cultural
Outubro
- Mostra de banda deseñada TITOÁN. De Inacio e Iván Suárez. (obra gañadora do VII Premio de Banda Deseñada Castelao. Deputación da Coruña. - Na Casa das Beiras do 4 ao 16 de outubro. Aberta de luns a venres de 16 a 19 horas.
- Teatro de sombras chinesas en cor. ”O vello que quería ver o tren” da compañía Trécola, sobre un texto de Rafael Dieste. - Sábado 6 de outubro ás 19 horas. Salón de Actos do Voluntariado.
- Mónólogo de Pedro Brandariz: “Profundizando na Galicia profunda”. - Sábado 27 de outubro , ás 20:30 horas. Salón de Actos do Voluntariado.
Novembro
- Magosto en familia, con obradoiros de xogos tradicionais. - Sábado 10 de novembro. No Polideportivo, a partir das 17 horas.
- Teatro: “Go On!“. Da compañía Malasombra. - Sábado 17 de novembro ás 20:30 horas.
Máis información
Novas relacionadas
- II Maratón de Fotografía Ramón Caamaño: Ramón Caamaño escoulleu as fotos que mellor reflicten a beleza muxiá.
- I Concurso de Fotografía Ramón Caamaño: Ramón Caamaño xa ten sucesor.