Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía prepara un Outono cheo de teatro, mostras e fotografía

Muxía prepara un Outono cheo de teatro, mostras e fotografía

Xa está listo o Programa do Outono Cultural do Concello de Muxía. Así, durante os meses de outubro e novembro poderás disfrutar en Muxía de: Mostras, teatro, Maratón fotográfico Ramón Caamaño, Magosto.

De feito, unha das apostas máis interesantes será o III Maratón de Fotografía Ramón Caamaño, que tras 2 anos de boa participación, este curso quere asentarse como unha referencia. Ao longo de este mes de outubro farase pública a convocatoria de este premio, na páxina web do Concello de Muxía (www.concellomuxia.com) e na prensa, e está pensada que a data para a entrega de premiso sería o 1 de decembro.

Outono Cultural

Outubro

  • Mostra de banda deseñada TITOÁN. De Inacio e Iván Suárez. (obra gañadora do VII Premio de Banda Deseñada Castelao. Deputación da Coruña. - Na Casa das Beiras do 4 ao 16 de outubro. Aberta de luns a venres de 16 a 19 horas.
  • Teatro de sombras chinesas en cor. ”O vello que quería ver o tren” da compañía Trécola, sobre un texto de Rafael Dieste. - Sábado 6 de outubro ás 19 horas. Salón de Actos do Voluntariado.
  • Mónólogo de Pedro Brandariz: “Profundizando na Galicia profunda”. - Sábado 27 de outubro , ás 20:30 horas. Salón de Actos do Voluntariado.

Novembro

  • Magosto en familia, con obradoiros de xogos tradicionais. - Sábado 10 de novembro. No Polideportivo, a partir das 17 horas.
  • Teatro: “Go On!“. Da compañía Malasombra. - Sábado 17 de novembro ás 20:30 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios