Muxía propón 3 meses de cultura

09:01 07/10/13

Aposta tamén o Concello de Muxía por un programa cultural de outubro a decembro. 3 meses con actividadesfixas como teatro, música, magosto, recitais... Unha xeira de citas que xa incluímos na nosa #AxendaCostadaMorte.
Actividades en Muxía
- Do 14 ao 18 de outubro Mostra de Fotografía de Pepe Varela na Casa das Beiras.
- 19 de outubro, ás 18:00. Cantamúsica con Pablo Díaz e Olga Kirk. Obradoiro musical para nenos/as de 4 -8 anos.
- 26 de outubro. Dobre función de teatro con Os Quinquilláns. Ás 18:00 h. con “Morgana e Artur” e as 20:30 con “Capricho de teatro”.
- 2 de novembro: Teatro, compañía Malasombra co espectáculo “Operación comedia”.
- 16 de novembro: Magosto popular.
- 23 de novembro: Concerto de Corais.
- 7 de decembro: Acuario, de María Canosa (Secretaría Xeral de Política Lingüística).
- 14 de decembro: Recital de poetas da Costa da Morte ( pendente de confirmación).
- 21 de decembro: Os Monicreques de Kukas, con “Xan Perillán e a maleta máxica”.
- 22 de decembro: Visita de Papá Noel a Muxía.
- 28 de decembro: Concerto “Lírica medieval galega” con soprano, arpa e zanfona.
Novas relacionadas
- Unha Unidade Didáctica para coñecer quen é López Abente na escola.
- Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.