Martes. 19.03.2024
El tiempo

Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres

Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres
Berta Davila na Galeria Mulleres de Muxia

Este mes de outubro de 2013, a Galería Mulleres do Concello de Muxía, esa aposta por recuperar a nosa historia en clave feminina, nome a nome, preséntanos á nova escritora Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987).

Berta dí que escribe porque moitas veces lle contaron contos antes de durmir. Tamén di, nunha entrevista en Sermos Galiza, falando sobre un dos seus libros: “(…) é moi emocionante para quen escribe, saber que hai persoas que se senten conmovidas por algunha parte do libro porque lles axuda a sandar as súas fendas”.

Escrebe poesía , coma os libros “Corpo baleiro” (Espiral Maior, 2007) e “Dentro“(Premio Avelina Valladares, 2008) e tamén narrativa, como a novela “Bailarei sobre a túa tumba” (Premio Biblos de novela, 2008) e o libro de relatos “A arte do fracaso “(Barbantesa, 2010), traducido ao castelán e ao xaponés por Pulp Books. Recibiu o Premio Johán Carballeira de poesía en 2012 por “Raíz da fenda”, que publicou en Xerais. E volve a ser noticia ao ser a gañadora do premio de Narrativa Breve Repsol con “O derradeiro libro de Emma Olsen” que en breve publicará Galaxia. A súa obra está tamén recollida en antoloxías como “Poetízate” (Xerais), “A cidade na poesía galega do século XXI” (Toxosoutos) ou en volumes colectivos como “Sete de biblos” (Biblos, 2012).

  • Máis información na súa bitácora confabularionovo.blogspot.com.es.
  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar: "Corpo baleiro". de Espiral Maior.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios