Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa

Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa
O Enterro do Percebe tratará de reavivar o Entroido de Muxía

Que mellor xeito de reavivar o Entroido de Muxía que a base de pinchos, unha vez comprobado o ben que funcionan as actividades gastronómicas? Deste xeito, o Concello de Muxía trae novidades para recuperar a tradición do Entroido en Muxía.

O entroido comezará o sábado 9 de febreiro e non parará ata o domingo 17. E terá citas singulares. Ademais da Ruta dos Pinchos, que se desenvolverán durante as dúas fins de semana, a Gran Festa do Entroido terá lugar o sábado nunha carpa instalada no Malecón, con actividades para os pequenos pola tarde, e para os maiores tirando contra a noite. Todo cun tema en común, o rollo Hippy e Belle Epoque, se ben para participar nos concursos a temática é libre.
Ademais, o martes 12 haberá un Obradoiro de doces e pratos típicos do entroido, e para o sábado 16, terá lugar un fantástico Enterro do percebe, coa queima da man dos Xaramiños do Corpiño.

Sen máis, deixámosvos co extenso programa do Entroido de Muxía 2013:

Entroido Muxia 2013

Sábado 9 de febreiro

  • Ruta dos pinchos de entroido : degustación de pinchos de antroido nos bares participantes (en horario de mañá).
  • Ás 5 da tarde concentración de disfraces e comparsas no Cabo da Vila para facer desfile ata a carpa onde será a festa de Entroido.
  • Ás 5:30 comeza a GRAN FESTA DE ENTROIDO, na carpa instalada ao aire libre na zona do malecón.
    - Haberá xogos tradicionais para nenos e adultos.
    - Degustación de filloas e orellas.
    - Concurso de disfraces para nenos e nenas.
    - A partir das 10 da noite: baile co grupo ALASKA.
    - Ás 11 da noite concurso de disfraces de adultos, con premios de ata 150€ e de 300€ para a mellor comparsa.
    - No intermedio da actuación SORTEO DUN PORCO DE 70 quilos..
    - Entroido temático Hippy e Belle Epoque (para participar nos concursos a temática é libre)

Domingo 10 de febreiro

Comentarios