venres. 02.05.2025
El tiempo

Muxía recibe o outono cunha completa programación cultural

Muxía recibe o outono cunha completa programación cultural
O outono entra con forza no concello de Muxía culturalmente falando. Así, durante os meses de outubro e novembro haberá citas para todos os públicos e para todos os gustos. A primeira cita é o vindeiro 8 de outubro da man de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín que traen o seu espectáculo "Os contos de Joselín". Ésta é unha cita dirixida a todos os públicos e terá lugar ás 19:30 horas no salón de actos. A seguinte actividade será o 14 de outubro co encontro "Xeoparque Costa da Morte. Xeoloxía e arte: Punta da Barca" e unha actividade de pintura ao aire libre. Xa o 28 de outubro, o salón de actos acolle a partir das 20 horas a obra de teatro "As Fillas Bravas", da compañía de teatro Chévere. Esta é unha obra dirixida a maiores de 12 anos. O Samaín será o protagonista da cita do 31 de outubro na bilbioteca municipal, onde se realizarán distintas actividades entre as 18 e as 19:30 horas e para participar é necesario anotarse previamente no departamento de cultura do concello. O teatro volve o 4 de novembro coa obras "Os vellos non deben namorarse" da man de Fantoches Baj. A cita comeza ás 19:30 horas no salón de actos e está dirixida a todos os públicos. O 11 de novembro celebrarase un magosto no paseo marítimo organizado pola asociación Abaladeiras xunto co concello muxián. A programación remata o 25 de novembro con "Maxia pola Igualdade", con Fani Triana. A función comeza ás 18:30 horas no salón de actos. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Muxía

Comentarios