Muxía recupera a prosa salgada de López Abente
"A Narrativa Mariña", de Gonzalo López Abente xa está recuperada e editada nun libro, da man da Editorial Xerais e, como non, a Fundación López Abente.
Estiveron na mesa acompañando, ao responsable da edición Suso Sambade, o vicepresidente da Fundación, X. H. Rivadulla Corcón, Manuel Bragado, director de Xerais e Ramón Nicolás director da prestixiosa colección Biblioteca das Letras Galegas. O que non puido estar por motivos familiares foi o presidente da Fundación, o alcalde Félix Porto.
No acto, ateigado de público, repasaron a narrativa prosaica de López Abente, que "abríu a moderna narrativa das Irmandades da Fala e na que se aprecia o amor pola paisaxe e as xentes de Muxía, a Costa da Morte e, por suposto, o mar".
Ademais, os membros da fundación repasaron os proxectos en marcha que teñen e que se materializarán a curto prazo, lembrando sempre o obxectivo de promoción e dignificación da lingua galega que ten a entidade.
Novas relacionadas
- Ecos das Letras Galegas.
- López Abente asalta a internet.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- A Bretemada de López Abente finalista do Premio Ánxel Casal.
- A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar.
- Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente.
- A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio.
- Muxía tamén quere ser "Vila Literaria" .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Fundación López Abente.