Muxía respostou na presentación de As Crebas
09:35 23/08/11
A finais da pasada semana presentábase en Muxía o poemario de Miro Villar “As Crebas”. A presentación estivo organizada pola Fundación Gonzalo López Abente. No acto estivo o alcalde de Muxía e presidente da Fundación, Felix Porto, ademáis da deputada provincial Zaira Rodríguez, os poetas Xosé Henrique Rivadulla Corcón e Alexendre Nerium, e o autor do libro, Miro Villar.
Na cita tamén participaron varios poetas da nosa bisbarra, que se uniron para recitar un poema. Falamos de Modesto Fraga, Rosalía Fernández ou Xaime Trillo.
A Fundación aproveitou a presentación da publicación para agradecer ao autor o seu apoio e participación no Padroado e na súa Comisión Executiva.
Tamén fíxose público o anuncio da edición que preparou Miro Villar do inédito de López Abente, “Bretemada”. A publicación sairá á luz este ano da man da Editorial Alvarellos e a Fundación López Abente. O prólogo será obra de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Os presentes destacaron o traballo de Miro Villar e calificárono como un “esforzó constante pola dignificación da Costa da Morte e da súa literatura”.
Novas relacionadas
- Miro Villar presentará As Crebas en Muxía.
- O mundo da cultura solidarízase con Miro Villar.
- A Feira do Libro de Cee en 1988, segundo Miro Villar.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
- Todo listo para a Feira do Libro en Cee.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Atravesando o Atlántico en verso cos poetas da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Gonzalo López Abente.