Nace Radio Muxía Online, unha fiestra á diáspora costeira


Este xoves 1 de maio arrincan as emisións dunha nova emisora costeira. Radio Muxía Online arrinca dende a diáspora, dende Arxentina, e nace coa intención de difundir as novidades, historias, noticias, deste entrañable lugar creamos este sitio aberto á participación de todos os Muxianos que se atopan dispersos por todo o mundo.
Xa en Muxía, o IES Ramón Caamaño contaba cunha emisora, pero dende hai anos non se utiliza para emitir. Si conta a Costa da Morte con dúas emisoras irmandadas, que emiten tamén pola rede, como son a radiONeria nas terras de Fisterra e Carnota, e a Radio Roncudo nas terras de Bergantiños.
Esperamos que poida haber boa sintonía entre as emisoras, que poidan compartir contidos, como fan as radios irmandadas da Costa mesmo coa Rede de Emisoras Municipais Radiofusión, para seguir vertebrando a Costa da Morte a través das ondas, e uníndonos máis coa nosa diáspora.
De Bos Aires a Muxía
Detrás do proxecto atopamos a Gonzalo Abella. "Desde Bos Aires, procurei achar algunha radio que transmitise desde Muxía e ante a súa ausencia propúxenme creala desde Arxentina, e poñer este medio a disposición de devandita comunidade", cóntanos un Abella, fillo de muxián, onde ademais garda moitos amigos e familiares.
Abella arrinca así a súa aventura na rede e tralo micro, sen demasiada experiencia pero con grandísima vontade.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).