Noelia Gómez publicará o seu primeiro libro tras vencer o V Premio de Poesía Gonzálo López Abente
A barbanzana Noelia Gómez vén de gañar o V Premio de Poesía Gonzalo López que entrega a súa Fundación. A entidade muxiá escolleu o seu poemario “O Xiro”, como vencedor dun certame que contou de novo cunha alta participación que o consolida o como un referente no ámbito cultural do país.
Ademais, a Fundación gábase da calidade dos traballos presentados, que “asentan un futuro vizoso para as nosas letras”. Ademais, a ledicia é maior ao saber que Noelia é unha poeta ata de agora inedita, e que co premio verá publicado o seu primeiro libro de poemas.
O xurado, que estivo composto polas poetas Eli Ríos e Emma Pedreira e o Secretario da Fundación Suso Sambade, quedou encantado por dar voz ás novas xeracións. Valoraron “a coherencia textual desde o mesmo título e pseudónimo que xa nos remiten a un movemento de traslación e rotación. Neste xiro a xinealoxía guíanos desde a formación e o coñecemento das mulleres que nos precederon (nais, avoas, Xohana Torres, Eva Veiga,...) ata o universo do presente, e do futuro, para encaixar as pezas e construír, desde a escrita, o medio que nos permita omprender o paso do tempo- e as súas perdas- creando unha nova vía na que consigamos renacer”.
Confírmase así a potencia que se albiscaba en 2014, cando Noelia, e os seus colegas, facían este fermoso vídeo que se viralizou por todo o país, sobre a nosa linghua:
Artigos relacionados
- Miro Villar: Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar: «O pino de Corcubión», un poema de Gonzalo López Abente.
Novas relacionadas
- III Premio López Abente: A Fundación López Abente premiou a viaxe ás nosas aldeas de Emma Pedreira.
- III Premio: Emma Pedreira, galardoada co III Premio López Abente
- II Premio: A Fundación López Abente presentou o poemario do seu II Premio.
- II Premio: A Fundación López Abente xa ten o II Premio de Poesía.
- I Premio: Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente.