Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novos buses entre Fisterra e Camariñas para atender o alumnado de Muxía que estudan en Cee

autobus-arriva-galicia
Novos buses entre Fisterra e Camariñas para atender o alumnado de Muxía que estudan en Cee

O servizo de transporte colectivo da Costa da Morte segue a ser unha vergonza. E pouca demanda hai na sociedade costeira para enmendalo. Claudicamos ao vehículo propio e esquecemos a necesidade das xentes que non conducen ou que non poden ter coche, e permitimos que as administracións esquezan a necesidade dunha infraestrurura de transporte decente.

Uns que demandaron foron as familia do alumnado muxián que estuda en Cee. E a raíz desas peticións, a Xunta reforzará desde o próximo xoves, día 23 de febreiro, os servizos de autobús entre Fisterra e Camariñas. Faino nomeadamente para facilitar, principalmente, os desprazamentos dos alumnos de Muxía que estudan bacharelato e FP nos institutos IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco, en Cee.

Así, á saída do mediodía contarán cun autobús que partirá desde Fisterra ás 14,15 horas e terá parada en Cee ás 14,30 horas, continuando cara a Muxía e Camariñas. Ademais, o luns pola tarde créase unha nova expedición con saída ás 18,15 horas de Fisterra que pasará por Cee ás 18,30 horas.

Nestes servizos, como en todo o transporte público da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, mentres que o resto de usuarios poden beneficiarse dos descontos da tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG).

Actualmente, máis de 420 mozos e mozas de Cee e Muxía viaxan gratis por toda Galicia nos autobuses da Xunta coa tarxeta Xente Nova.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Comentarios