Mércores. 16.10.2019
El tiempo

O BNG pregunta polo Parador

O BNG pregunta polo Parador

Contábanos Félix Porto que "antes das eleccións formalizarase a contratación da empresa semipública Tragsa (para evitar máis retrasos) a execución das obras por uns 6 millóns de euros e un prazo de execución de 24 meses". Hoxe é o BNG o que lle pregunta ao Goberno estatal por que non comezaron aínda as obras do Parador de Muxía.

O deputado do BNG Jorquera, demanda que se execute a partida contemplada nos Orzamentos estatais e lembra que o alcalde de Muxía asegurou que o director de Turespaña se comprometeu a comezar as obras na primeira metade deste ano.

Dado que as obras aínda non comezaron, é a razón pola que Jorquera formula unha serie de cuestións ao Goberno: “En que situación se atopa o proxecto de Parador para Muxía? Vanse iniciar as obras neste ano? De non ser así, a que se deben os reiterados retrasos cun proxecto que leva oito anos agardando a facerse realidade?”.

Un proxecto “conxelado” desde hai oito anos

Jorquera pón de manifesto que este proxecto tivo diversas consignacións orzamentarias ao longo destes anos, “pero todo ficou en papel mollado. De feito figura unha partida de tan só 100.000 euros nos Orzamentos do Estado para 2011, que probabelmente aínda non se executou”. “Garante o Goberno a execución da partida contemplada nos Orzamentos do Estado para este ano?”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muxía.

Comentarios