Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio

O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio
O Comite de Empresa de Stolt na asemblea de onte no Concello de Carnota

Continúa o complicado proceso de negociación do convenio colectivo da empresa piscícola máis importante da zona. Unha negociación que se atopa en estado de parálise e que está a decidir as futuras condicións dos traballadores para os vindeiros anos.

Onte, a Confederación Intersindical Galega CIG celebrou unha asemblea de traballadores da firma Stolt Sea Farm S.A. no Concello de Carnota. Na asemblea douse conta do estado da negociación coincidindo co remate da prórroga da negociación que ambas partes se deran na mediación de xullo.

A empresa segue a manter a súa proposta, que implica unha "mellora dos 1% os salarios actuais e engade unha paga variable dependendo dos beneficios da Empresa para todos os empregados". Unha proposta que non chega ás condicións do xa extinto convenio colectivo da empresa, pero que supera as do Convenio de Acuicultura Nacional, que de non chegar a un acordo sería o que se implantase acorde coa reforma laboral.
Ademais, dende a empresa aseguran "non compartir a actitude da CIG, que emprega máis tempo en presentar denuncias e publicar noticias que en negociar". Ademais apuntan que "agora o convenio de Empresa expirou e iniciamos contactos co Comité de Empresa para a aplicación dun convenio de ámbito superior".

Ante esta situación, a CIG presentou no dia de onte "unha denuncia a Inspeción de Traballo para que abra expedente a empresa e adopte as medidas oportunas para depurar responsabilidade por incumprir a lexislación vixente".

Así e todo a CIG "amosa a vontade de manter aberta a negociación a través dun escrito que se enviou onte a empresa e a solicitude, xa realizada, ante o Consello Galego de RR.LL. para promover unha arbitraxe na que a empresa ten de prazo até o venres para contestar".

En todo caso, a CIG anuncia que seguirá "coa campaña de información as Administracións (esperamos ter contestación da Consellería de Pesca nos próximos días) e baixo o lema reseñado na asemblea iniciar o calendario de mobilizacións a partir da vindeira semana no caso de que a negociación por manter o convenio de empresa non continúe".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios