Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Parálise na negociación do Convenio de Stolt

Parálise na negociación do Convenio de Stolt
Piscifactoria do Cabo Vilan-Foto-Manolo Rivas

A semana pasada dabamos conta das negociacións sobre o Convenio Colectivo da empresa Stolt Sea Farm, empresa que conta con numerosas piscifactorías na nosa bisbarra. Hoxe, e trala reunión do pasado xoves, na que non se chegou a un acordo, o Comité de Empresa da empresa e as Centrais sindicais con representación CIG e CC.OO. veñen de enviar un duro comunicado no que "tachan de impresentable e inmobilista a posición da dirección por pretender rachar o marco de negociación colectiva na empresa" de xeito "unilateral".

Mentres, dende a Dirección da Empresa afirman que "Non se rompeu a negociación" e deito, a data límite para chegar a un acordo, data acordada na mediación do AGA, é mañá 15 de outubro. Indican na empresa que "se a partir de mañá non se chega a un acordo, por mor da reforma laboral o noso convenio seguiría sen efecto e aplicaríase o Convenio de Acuicultura Nacional".
A dirección xa nos explicaba a semana pasada que a súa "oferta de convenio de empresa onde a pesar de ter unhas táboas salariais superiores ao Convenio Sectorial nun 20%, non baixamos o soldo a ninguén senón que incrementamos un 1% o 2013 e un 0,5% o 2014 (máis outro 0,5% se o IPC ese ano supera o 2%)”.

O Comité sinalou que a semana pasada presentaba unha nova proposta que "dá un xiro a negociación amosando a disposición de entrar no fondo da proposta de empresa sempre que se manteña un mínimo de garantias para o mantemento de convenio colectivo, é dicer, da actual plantilla e da compensación progresiva para que non exista discriminación entre traballadores".

Pero parece que a negociación está en punto morto. E dende o comité de empresa manifestaron "a intención de promover procedemento de arbitraxe ante a indefensión e abuso de quen amparado de maneira fraudulenta por unha reforma laboral nefasta non está disposto a ceder".

Citas informativas

A CIG ten convocada para este martes 16 de outubro ás 18:30h. no salón de actos do concello de Carnota unha asemblea de traballadores para dar conta do actual estado da negociación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios