Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt

O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt
Piscifactoria-de-Stolt-Sea-Farm-no-Cabo-Vilan

A crise e a reforma laboral segue afectando a todos os sectores do país e hoxe recibimos unha nota do Comité de Empresa de Stolt Sea Farm S.A. e as Centrais sindicais con representación CIG e CC.OO. Os representantes dos traballadores piden o "mantemento do convenio colectivo da empresa", unha vez que a negociación coa dirección xa vai pasa do ano e medio e aínda non se chegou a un acordo.

Dende a Dirección da empresa piscícola, aseguran que "non queremos deixar sen Convenio aos traballadores", e nos explican que "fixemos unha oferta de convenio de empresa que segue encima da mesa até o día 15 de outubro, pola prórroga nas negociacións que acordamos en xullo. Esperamos que nestes días que quedan cheguemos a un acordo, se non é así se aplicará o convenio sectorial", sinala o director Luís Toro.

Para o Comité a empresa mantén "unha aptitude intransixente. A compañía quere aplicar a reforma laboral até as últimas consecuencias coa única pretensión de deixar os traballadores e traballadoras sen convenio de empresa e, polo tanto, recortar os dereitos xa adquiridos". Denuncian ademais que "nestes últimos 5 anos sumaron unha cantidade de beneficios moi grande para andar con estes recortes de dereitos e de perda de poder adquisitivo ", valorando nuns 40 millóns de € eses beneficios, cando a empresa apunta que "gañamos 7.6 millóns nese período, pero investimos nas nosas plantas da Costa da Morte 7.1 millóns no mesmo tempo".

Dende a dirección describen a oferta que está enriba da mesa: "Fixemos unha oferta de convenio de empresa onde a pesar de ter unhas táboas salariais superiores ao Convenio Sectorial nun 20%, non baixamos o soldo a ninguén senón que incrementamos un 1% o 2013 e un 0,5% o 2014 (máis outro 0,5% se o IPC ese ano supera o 2%). Ademais introducimos un pago non consolidable por beneficios cun escalado que pode chegar até o 6% do que cobre cada empregado".

Unha proposta que polo de pronto non serve para chegar a un acordo co Comité de Empresa.

Un crise xeral

O que máis critica a CIG é que precisamente esta clase de grandes multinacionais que son as meirandes beneficiarias da nova reforma laboral e do libre mercado, "que percibiron e perciben importantes cantidades económicas das distintas administracións e que se lle facilitou a adquisición de terreos para a súa implantación (para contribuír así ao desenvolvemento económico e social das zonas onde se asenta)", aproveiten as vantaxes para reducir os dereitos dos seus traballados, e "sirva agora só para o enriquecemento do Grupo, dos seus Directivos e pretenda levar adiante esta política de recortes".

Así, o Comité de Empresa ten "convocadas asembleas nas que informará da proposta presentada á empresa pedindo garantías para o mantemento do convenio de empresa. Ademais, iniciará unha campaña de contactos e información coas distintas Administracións para pór en coñecemento das mesmas a política laboral que na Empresa Stolt Sea Farm, S.A. se está a dar, sen descartar posíbeis mobilizacións".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios