O Concello de Muxía abre as Bolsas e prepara varias charlas académicas


O Concello de Muxía ponse á vangarda nos departamentos de Servizos Sociais e artella para as vindeiras datas diferentes propostas. Por unha banda abre as axudas para a adquisición de material escolar e por outra prepara varias charlas en materia académica.
Charlas para pais e nais
A Concellería de Servizos Sociais prepara un Taller de Técnicas de estudo, hábitos e rutinas para a mellora da motivación académica. Os pais e nais de 3º, 4º da ESO e PCPI poderán asistir ás dúas sesións que se celebrarán os mércores 22 e xoves 23 de agosto ás 19:30h no edificio de Servizos Multiples.
Bolsas para os libros
Ademais a Concellería de Servizos Sociais abre as “BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EN EDUCACIÓN INFANTIL” (3,4, e 5 anos) A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS CONÓMICOS, PARA O CURSO 2.012-13".
O PRAZO DE SOLICITUDE está aberto ata o 06 de setembro de 2.012. E os requisitos son:
- I.Estar empadroados e ter residencia efectiva no Concello de Muxía.
- II.Ter fillos menores que cursen estudios de educación infantil nalgún centro deste Concello e que non entren no Programa de Gratuidade de Libros da Xunta de Galicia.
- III.Que posúa unha situación económica desfavorable, o que se demostra documentalmente achegando xustificación (declaración da renda 2.011, certificado de empresa, nóminas,...) dos ingresos da unidade familiar (pais e fillos/as maiores).
- IV.Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello, que se pode acreditar mediante declaración xurada do solicitante, sen prexuízo da súa comprobación por parte da entidade.
TRAMITACIÓN e máis INFORMACIÓN nos Servicios Sociais (Educador Familiar) do Concello de Muxía (3º piso) e no teléfono 981- 742001.
Programa Subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.
Novas relacionadas
- Muxía entrégase á pintura e aos monicreques.
- Muxía durme se lle contas un conto.
- Muxía prevé o fracaso escolar con actividades para alumnos e pais.