Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Parador de Lourido podería estar listo no verán de 2019

O Parador de Lourido podería estar listo no verán de 2019
As cubertas do Parador de Lourido xa estan verdes As cubertas do Parador de Lourido xa están verdes Hai un ano retomábanse as obras do Parador de Lourido tras levar 15 meses paralizadas. E a realidade é que o 2017 foi un ano de grandes avances na construción do establecimento hostaleiro chamado a revolucionar o sector turístico da Costa da Morte. Ese establecimento que aporta un valor engadido co que aínda non conta a bisbarra. Pasaron 15 anos dende a promesa institucional, máis de 5 dende o comezo das obras aló por 2012, e moi lonxe quedaron as previsións de rematar o edificio en 2015… Pero parece que a obra afronta a última fase, e fontes achegadas ás obras sinalan que poderían estar rematadas para o verán de 2019, sempre que non haia un novo parón. A día de hoxe a empresa adxudicataria Tragsa está traballando nos interiores, coas divisións dos espazos, habitacións… Pero xa está a estrutura case completamente rematada, aos grands vidros instalados e mesmo xa se poden ver as cubertas verdes instaladas nos teitos que intentan integrar o edificio na colina. Ademais os accesos están en marcha. Imaxe do Parador de Lourido dende arriba en obras Imaxe do Parador de Lourido dende arriba Imaxe do Parador de Lourido-Muxia en obras Imaxe do Parador de Lourido hai un ano. Hai quen lle chama o Algarrobico galego

Plan Galicia

Cómpre lembrar que o Plan Galicia, do que se cumprían 15 anos, contaba con dúas grandes obras da Costa da Morte, e que aínda están sen rematar. Do Parador de Muxía xa temos falado, e a Autovía da Costa da Morte tampouco ten prazos de finalización.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios