Venres. 26.04.2024
El tiempo

A oposición esixe explicacións sobre a contaminación da auga de Muxía

Crise da Auga en Muxia
A oposición esixe explicacións sobre a contaminación da auga de Muxía

A crise da auga de Muxía aínda está por analizar. Unha marea de persoas afectadas de problemas intestinais, analíticas que demostraban a presencia de bacterias fecais na auga de traída municipal, e unha marea de incógnitas sobre o que puido pasar. O Concello procedeu ao baleirado e limpeza dos depósitos da traída, pero o propio concello recoñece que por agora “se descoñece a orixe deste problemática”.

Dende a oposición que lamentan non ter sido informados máis que polas redes sociais municipais, piden explicacións. O PP muxián considera que “temos que saber que foi o que fallou, esta é unha situación gravísima. Fai case unha semana que empezaron a desfilar casos ó hospital, canto tempo levamos bebendo a auga contaminada?Como pode ser que non se detectase ningún problema? Onde estivo o erro para que a auga chegase contaminada ás nosas casas?”, pregúntase Sandra Vilela.

A voceira popular lamenta a “falta de responsabilidade” do alcalde anunciando resultados normais dos analises da auga antes de ter os definitivos e destaca a falta de previsión unha confirmada a contaminación para a xestión desta problemática cando “fai días que todo facía indicar que o problema estaba na auga e, sen embargo, unha vez confirmada a presenza de bacterias cortan a auga sen dar unha alternativa de forma inminente”.

Novas relacionadas

Comentarios