Martes. 23.04.2024
El tiempo

Muxía

A tensión volve ao pleno de Muxía no medio dunha nova crise da auga

Días de tensión en Muxía provocado pola aparición dun gromo de grastroenterite entre a poboación. Saltaron as alarmas ao longo da semana tras aparecer unha cantidade excesiva de veciños con síntomas de enfermidades estomacais. O Concello puxo en marcha un protocolo analítico das augas dos depósitos de abastecemento mentres solicita á poboación que non beba auga da traída municipal.

Aolongo do día de onte os resultados analíticos desenvoltos pola empresa “Biocontrol y Calidad Alimentaria” arroxaron resultados “normais”, confirmando a potabilidade da auga dos depósitos e eliminando a posibilidade de que houbese contaminacións por xurro.

En calquera caso, continúan as análises e o concello informará a través de bandos e das redes sociais.

Novo tenso pleno

E mentres, celebrábase onte, día 30, o pleno de setembro, convocado “por urxencia” para aprobar o POS adicional, esas obras que é posible que se poidan levar acabo con novos fondos da deputación.

Un pleno ao que non se presentaron os edís non adscritos, ao non ser informados das propostas a aprobar nin ter sido convocada ningunha comisión informaticva. De novo non houbo consenso entre as forzas municipais, e de novo volveron os berrros e as malas palaras entre o alcalde e a voceira popular.

O POS foi aprobado por unanimidade, gracias aos votos a favor do PP e do BNG, malia non ter sido informados en comisión algunha. "Non queda outra que aprobar isto”, sentenciaba o alcalde antes da votación.

A tensión volve ao pleno de Muxía no medio dunha nova crise da auga