Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Os voluntarios de Muxía recollen cogumelos e limpan o río

Os voluntarios de Muxía recollen cogumelos e limpan o río

Dobe actividade medioambiental en Muxía para esta fin de semana. Precisamente esta semana que comezamos en QPC unha nova colaboración ecolóxica da man de Lorena Martínez Canosa.
O Concello muxián prepara unha Xornada Micolóxica e unha Limpeza de ríos, no marco do Proxecto Ríos no que participac tamén a aldea gala de Quilmas.

I Xornada Micolóxica

A cita será este venres 30 de setembro e a sesión terá o seguinte programa:

  • 16:30h: Saída desde a parade de autobuses do “Malecón”, e traslado a un monte dos arredores de Muxía. Breve explicación por parte dun experto sobre o recoñecemento de 4 tipos de cogomelos e o método de recollida.
  • 17:00h: Recollida dos cogomelos estudiados.
  • 19:30- 21:00h: Preparación e degustación.

Máis información e inscricións

A inscrición é de balde pero é necesario inscribirse para participar. Ata o vindeiro Xoves 29 de setembro, no 3º andar da Casa do Concello ou no Teléfono: 981- 742 001.

Limpeza simultánea de Ríos

A cita será o domingo 2 de outubro, e a limpeza se realizará en máis de 30 puntos da xeografía galega. Coordinados por Adega, grupos de voluntarios de todo o país limparán os ríos de plásticos e demais.

Para obter máis información e inscribirse, poden chamar ao concello, ao 981 742 001 (ext.127) e preguntar por José Canosa.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios