Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG muxián solidarízase co sector gandeiro e critica aos empresarios

O BNG muxián solidarízase co sector gandeiro e critica aos empresarios

Momentos complexos polos que está a pasar o sector gandeiro. Así o entende o BNG muxián, comandado polo gandeiro Faustino Gándara, que considera a situación de moitas explotacións gandeiras do concello muxián e da zona de "dramática".

Para o BNG as imposicións dos empresarios das grandes fábricas non teñen sentido. "Algúns empresarios, que non repartiron os beneficios nos anos de bonanza económica, agora queren repartir as supostas perdas negándose a pagar as débedas que teñen con moitas explotacións".

"Aínda que", recoñece, "son poucos/as os/as gandeiros/as que denunciaron estes feitos, sabemos que esta situación está a afogar a moitas máis familias que non se atreven a iren aos tribunais por medo a represalias".

O BNG pide ás distintas administracións, en especial ao Concello de Muxía, que se interesen pola situación destas familias e lles ofrezan a súa axuda. "Os labregos e as labregas son a esperanza do rural, se é que aínda pode habela, e deles dependen moitos postos de traballo sustentábeis", sinalan.

Van máis alá dende o BNG muxián, traspasando fronteiras. "A actitude destes empresarios está a agravar aínda máis as consecuencias da política neoliberal da UE e dos gobernos de Galiza e do estado que levan á desertización do rural coa acelerada desaparición dun sector produtivo imprescindíbel para o noso país, e as pedras non se comen, nen sequera as primeiras".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muxía, da man do seu responsable local Carlos Fdez Concheiro.

Comentarios