Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Silenciouse o acordeón de Pazos de Merexo

Pazos de Merexo nunha máxica noite de 2010 no Couto con Kepa Junquera
Pazos de Merexo nunha máxica noite de 2010 no Couto con Kepa Junquera
Silenciouse o acordeón de Pazos de Merexo

Deixounos Pazos de Merexo. Este luns 25 de marzo, faleceu Manuel Pazos Redonda aos seus 92 vividos anos. Déixanos un dos grandes mestres da música da nosa comarca. Unha verdadeira lenda do acordeón diatónico en toda Galicia.

Atrás quedará aquela loita contra a invasión acuícola de 2008-2009, cando Pazos percorría a bisbarra de manifestación en manifestación co seu acordeón. Ou aquela máxica noite no Couto e aquel día de sorpresas na súa aldea con Kepa Junquera. Aí quedará por sempre o seu libro-disco, e esas homenaxes, aínda en vida, que ten recibido na súa Muxía natal e da man da AELG durante o ano pasado.

Aí quedará o legado que deixa mesmo nos seus netos, Adrián e Manuel, tamén acordeonistas de sangue.

Conmoción na contorna

Numerosas entidades da zona queren hoxe facerse eco desta perda.

A Fundación Eduardo Pondal quere lembrar a este “mestre do acordeón e da vida. Sempre nos dicías que “cada un vai á feira co que ten” e damos por seguro que nesta viaxe levarás a túa música e cariño de tanta xente que te admiramos. Que a terra che sexa leve, vello amigo”, publicaron nas súas redes.

Dende a Central Folque, armadanzas do libro CD sobre o acordeón diatónico do que Pazos é protagonista, queren deixar constancia de que “hoxe é un día triste para o acordeón da Costa da Morte. Para nós era como familia tamén, aínda que queda o son da súa música no ar e os valses, mazurcas e muiñeiras repinican nos nosos corazóns”.

ARTIGOS RELACIONADOS

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios