Luns. 23.05.2022
El tiempo

"Pazos de Merexo debería de ser patrimonio da UNESCO"

"Pazos de Merexo debería de ser patrimonio da UNESCO"
Kepa Junquera e Pazos de Merexo en Cans-Foto-Cans

Esta foi a frase coa que Alfonso Pato definiu o paso do eterno acordeonista costeiro polo Festival de Cans 2014. Foi o bo de Kepa Junquera, artista de índole internacional cos pés tan metidos na terra que se lembra de figuras tan terrícolas como o gran Pazos de Merexo para un evento como do festival galego por excelencia.

Kepa, que estará no Asalto ao Castelo 2014 presentaba o seu disco “Galiza” en Cans, e como xa fixera na antesala da súa presentación oficial, Kepa lembrouse de Pazos, unha das súas meirandes inspiracións neste disco.

Quedaron alucinados as ducias de espectadores que se achegaron ao Galiñeiro (si, a actuacón celebrouse no galiñeiro deste singular festival). A meirande parte nunca escoitaron falar de Pazos de Merexo, pero todos quedaron sorprendidos da capacidade deste grandísimo home. Del e do seu neto Manuel, que con apenas 10 anos tamén demostrou un carácter e unha calidade coas mans excelentes.

Kepa Junquera e Pazos de Merexo en Cans-Foto-Cans Asi estaba o Galineiro para ver a Kepa Junquera e Pazos de Merexo-Foto-Cans

Máis participación costeira

Os da Ria en Cans-Foto-Pixelin

Ademais da familia muxiá, tamén houbo presencia de Sardiñeiro no #cans14. Falamos da presencia de Os da Ría, ese par de firugas que arman unhas ceas-concertos pantagruélicos no Lestón, dinamizando as noites costeiras como ninguén. Adicáronlle unha canción aos directores galegos e outra á Alicia no balcón! As risas que provocaron foron de aúpa.

Ademais, un director moi vencellado á zona, como o coruñés Omar Rabuñal, que estivo á fronte do proxecto Para mariñeiros nós con Suso Lista e Manolo de Laxe, levou o Can de Pedra polo Premio CREA do festival pola curta KOAN.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

comentarios