Martes. 19.03.2024
El tiempo

Tres percebeiros rescatan un compañeiro que caeu ao mar

Servicio primario do Heliptero do 061 en Muxia
O Heliptero do 061 en Arnela
Tres percebeiros rescatan un compañeiro que caeu ao mar

Salváronlle a vida a un percebeiro, os tres compañeiros que mariscaban nas rochas de Arnela, en Muxía. O percebeiro caía ao mar, e por casualidade, varios percebeiros que estaban preto do lugar, se descataron de que estaba no mar boca abaixo.

Lanzáronse por el os percebeiros e levárono, inconsciente, a unhas pedras. Pouco a pouco foi recuperando a consciencia, e botando auga, moita auga, para fóra.

De contado chegaría Policía Local e Protección Civil, que se tiveron que tirar o mar para axudar a trasladalo, na embarcación dos profesionais, ata o areal. Precisamente no areal aterraba pouco despois o Helicóptero medicalizado do 061, mobilizado polo 112, que tamén convocaba aos médicos do centro de saúde de Muxía, e mais unha ambulancia.

O percebeiro ía recuperandose pero mantíñase con síntomas graves de hipotermia, polo que foi trasladado no helicóptero ata o CHUAC.

Esperemos que todo quede nun susto, pero cómpre lembrar a importancia de traballar en grupo.

Comentarios