Percega invita a inversores estranxeiros a emprender no noso mar

Organzaba Percega (Asociación de Percebes e Percebeiros de Galicia), co finamenciamento da Unión Europea, unha nova cita dentro do seu ciclo de charlas. Desta volta tratouse dunha sesión dirixida a investidores estranxeiros que visitan Muxía sobre oportunidades de emprendemento e desenvolvemento empresaria.
Os responsables da entidade e do GALP analizaron o desenvolvemento económico da comarca, e debullaron os procedementos para a creación dun negocio vinculado ao mar e as industrias manufactureras e turísticas como principais expoñentes do desenvolvemento rexional. A xornada, desenvolvida ao abeiro do GALP Costa da Morte, completouse cun encontro SUMMIT que abordou o emprendemento como proceso educativo necesario para a supervivencia do territorio e para mellorar o benestar dos seus veciños.
Premios AtlanticHub24
Nesta liña, Percega entregou os Premios AtlanticHub24, galardóns que distinguirán aquelas empresas e autónomos con maior potencial emprendedor, aquelas que desenvolven oficios en perigo de extinción que merecen especial protección, e as iniciativas empresariais máis creativas, innovadoras e sostibles.
Tamén distinguirán a aqueles estudantes dos IES da Costa da Morte que proxecten ideas empresariais, propostas creativas e iniciativas de coidado do medio ambiente de especial relevancia.
Os galardóns, sete en total, catro de adultos e tres de docentes, entregaranse a finais de outubro en Malpica de Bergantiños grazas á extraordinaria colaboración deste concello.
Percebe da Barca
Trátase de seis relatos que pretenden poñer en valor os beneficios dun territorio a través de narracións sinxelas inspiradas nos seus habitantes e dirixidas a un público moi plural. A súa finalidade última é axudarche a descubrir a Costa da Morte, as súas xentes, as súas profesións, os seus oficios, as súas paisaxes, as súas formas de vida, as súas innovacións e a súa forma de coidar o que teñen, o que aman e o que os identifica.
Novas citas en outubro
Con todos estes materiais, anunciaron ambas asociacións, durante o mes de outubro organizaranse sesións formativas e exposicións nos centros de primaria e secundaria da Costa da Morte para concienciar aos máis novos da importancia de aprender a vivir, traballar, emprender para e potenciar toda a riqueza que ten a terra na que viven. Porque "formar hoxe, din, é consolidarse mañá”.
Máis novas