Piden unha solución á marquesiña pantasma da parada do bus escolar de Muxía

14:13 03/12/19
Á intemperie ten que esperar o alumnado muxián para coller o autobús escolar. Se a brava xente da tenda Arroutada ten o toldo posto, aínda menos mal, pero se non, a espera é mollada. Así o denuncia Sandra Vilela, voceira do PP, que presentou un escrito no rexistro municipal para facer coñecedor ó goberno local do malestar que existe por parte dos pais respecto da parada do autobús escolar.
“Chegáronnos queixas de pais e é lóxico, os nenos pasan todo o inverno debaixo da choiva mentres esperan o autobús. É de sentido común”, explica Vilela.
Por iso piden unha solución inmediata, que pasa pola construción dunha marquesiña.